Protección CivilSantiago de Compostela

"Saber para previr. Previr para protexer."

Voluntariado Activo

Grazas a máis de 50 persoas voluntarias en activo, Protección Civil Santiago dispón dunha alta capacidade de actuación

Ver Máis
Alta Capcidade Formativa

No 2019, o voluntariado da agrupación de Santiago asistiu a máis de 150 cursos en total

Ver Máis
Servizo Constante na Cidade

Protección Civil de Santiago de Compostela adoita cubrir máis de 700 intervencións cada ano

Ver Máis
...

Sempre estamos

Tomamos parte nos principais eventos de Santiago de Compostela, colaborando coas organizacións e outros servizos de seguridade e emerxencias

  • Cabalgada de Reis e Desfile de Entroido
  • Camiños de Santiago
  • Festival "O Son do Camiño"
  • Festas da Ascensión e do Apóstolo
...

Impartimos Formación

Transmitimos coñecementos básicos para formar á cidadanía ante posibles urxencias

Recibimos Formación

Á vez que instruímos en primeiros auxilios, tamén nós nos formamos en emerxencias.

A Academia Galega de Seguridade Pública imparte cursos aos voluntarios de Protección Civil para desenrolar as nosas funcións correctamente.

E ademais temos formación interna. Cada persoa suma e aporta os seus coñecementos na área que máis domina.

Ver Máis
...

Os nosos recursos

Contamos cunha ampla cantidade de recursos para poder axudar nas posibles situacións que xurdan

Parque Móvil

O noso parque móbil está composto por 2 furgonetas, 3 turismos, 2 quads todoterreo, 4 bicicletas e 1 motocicleta.

Memorias de Intervencións

Temos á disposición da cidadanía unhas memorias periódicas onde resumimos as intervencións realizadas dende a agrupación

Estamos para colaborar e axudar

Podes contactar connosco en calquera momento: para pedirnos axuda, por se tes calquer problema ou queres que colaboremos nalgún evento